Publicacións

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Imaxe
 Con motivo de agasallarnos polo noso traballo no vídeo do Correlingua 2020 dende a organización dpo mesmo enviaronnos a Luís Caruncho e Pinto D´Herbón para facer un obradoiro de regueifas co alumnado de 6º curso e unha actuación para a rapazada de 2º e 3º. Pasamolo moi ben desfrutando da riqueza da nosa cultura e da nosa lingua, moitas grazas por unha xornada xenial! Deixamosvos unhas imaxes da visita: Un saúdo do equipo de dinamización da lingua galega!

Gañamos o concurso de vídeo do Correlingua 2020!

Imaxe
O noso colexio resultado gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2020 no que competimos cos centros de toda Galiza. A verdade é que o vídeo protagonizado polos alumnos do noso cole é moi fermoso.   O premio será a visita de Luís Caruncho e  Pinto d´Herbón ao noso cole  para realizar un taller de regueifas co alumnado de 6º e unha actuación para a rapazada de 2º e 3º curso.  Deixámosvos aquí a ligazón o vídeo gañador, agardamos que o desfrutedes.  Un saúdo do equipo de dinamización da lingua galega!

Vídeos seleccionados das Letras Galegas 2020 versión en liña.

Imaxe
Bo día rapazada! Ante o aluvión de vídeos recibidos recitando anacos da obra de Carvalho Calero eranos imposible facer unha montaxe con todos eles, pois o vídeo sería mooooooi longo, co cal, o Equipo de Dinamización da lingua galega decidimos converter isto nun concurso e escoller os que máis nos gustaron. Despois dunha sisuda deliberación por parte do xurado os vídeos seleccionados son: Categoría de 1º a 3º curso. O autor do vídeo seleccionado é:  Unai de 3º curso. Moitos parabéns!!! Categoría de 4º a 6º curso . A autora do vídeo seleccionado é: Nastia de 5º curso. Moitos parabéns!!!! Moi grandes os dous! Xeniais! Agradecemos a todos a vosa participación e parabenizamos os seleccionados!!

Recopilación de recursos didácticos sobre Carvalho Calero

Imaxe
Seguimos nesta semana das letras coa nosa homenaxe a Carvalho Calero.   Nesta ocasión deixámosvos varios recursos para traballar arredor da súa figura. -   Carvalho Calero para o ensino primario , de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña. https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20748.pdf - Un conto, varios temas musicais e unha unidade didáctica . Elaborado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora. http://aspitas.gal/ Proposta do Seminario Galán . As actividades do Seminario Galán: un clásico das propostas didácticas para o Día das Letras Galegas. Un ano máis documentos para imprimir, actividades en liña, álbum de fotos... http://seminariogalan.org/inicio/portada Xogos de F...

Grava un vídeo recitando un texto de Carvalho Calero

Imaxe
Dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos festexar a próxima data do 17 de maio, día das letras galegas, aínda que a Real Academia Galega trasladase os festexos o 31 de outubro. https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/real-academia-galega-traslada-pleno-do-dia-das-letras-galegas-ao-31-outubro/20200408150552094884.html Nós queremos festexar a data de sempre igualmente, a marxe do que poidamos facer en outubro. Para este fin propoñémosvos unha actividade que nos parece moi fermosa: Como xa sabedes este ano a figura homenaxeada é o gran Ricardo Carvalho Calero e cremos que unha boa forma de homenaxealo é coñecer a súa obra.  Para animarvos a facelo propoñémosvos que busquedes un fragmento da súa obra e que vos gravedes léndoo ou recitándoo. Este fragmento de vídeo non debe exceder a duración máxima de 30sg. Unha vez que o teñades gravado podedes enviárnolo a este enderezo electrónico: Cos vídeos que nos enviedes tentaremos face...

Semana das Letras Galegas

Imaxe
O 17 de maio festexamos o día das letras galegas que este ano esta adicado a un dos nosos autores favoritos: Ricardo Carvalho Calero. Neste ligazón tedes información sobre a súa figura:  https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas Para comezar esta semana das letras e que coñezades un pouco mellor as ideas desta figura das nosas letras deixámosvos este anaco de tan só 10 minutiños dunha entrevista que lle fixeron na TVG no ano 1987. Dende o equipo de dinamización da lingua galega desexámosvos unha feliz semana das letras galegas.

Día do libro

Imaxe
Recentemente festexamos o día do libro. Dende o EDLG queremos animarvos tanto a grandes como a pequenos a ler un fermoso libro en galego. Que mellor cousa que facer nestes días de confinamento que deixarse atrapar pola lectura na nosa lingua nai? Para animarvos déixovos este fermoso vídeo poema feito polo CEIP Saco e Arce, baseado no coñecido texto de Irene Vella, seguro que vos gusta. Apertas para tod@s!

Queredes enviarnos as vosas investigacións?

Imaxe
Bo día nenas e nenos, se queredes enviarnos algún traballo ou parte do mesmo para que lle botemos un ollo podedes enviarnolo ao enderezo electrónico: profeagusabelendo@gmail.com Pasade boas vacacións!

Sexamos xornalistas investigadores!(EDLG)

Imaxe
Dende o EDLG queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece a situación na que nos atopamos e queremos que vos convertades en sisudos xornalistas . Coa crise que estamos vivindo están aparecendo moitos chismes a través das distintas redes sociais, como Whatsapp, Facebook, Twitter ou Instagram. En que consiste a actividade? A actividade que vos propoñemos é que cada semana escollades o chisme ou nova falsa, a que vos pareza máis relevante, e acompañedela dunha nova dun xornal ou similar onde se desminta ese chisme. Por exemplo esta semana foi moi soado o tema de que o ibuprofeno estaba contraindicado e apareceu en moitas cadeas de whatsapp. A actividade consistiría en facer unha captura de pantalla dese chisme de whatsapp e acompañala, o lado ou debaixo doutra captura de pantalla ou fotografia, dunha nova onde se desminta esa nova falsa como serían por exemplo estas: https://gacetamedica.com/politica/espana-no-desaconseja-tomar-ibuprofeno-frente-al-covid-19/ ...

Regueifas pola nosa lingua

Imaxe
   Dentro das actividades propostas na campaña 21 días en galego estaba que os rapaces de 4º, 5º, e 6º elaboraran regueifas.    Con esta actividade, ademais de dar a coñecer ó noso alumnado estas cantigas improvisadas de disputa normalmente entre dúas persoas, traballamos a creatividade, a improvisación e sobre todo a expresión oral en galego que é o obxectivo principal da campaña 21 días en galego.    Agardamos que desfrutedes co resultado, recibide un agarimoso saúdo do equipo de normalización da lingua galega.

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
Este Venres festexamos o día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, que este ano coincidiu co luns do entroido, festexase o aniversario do día do nacemento da autora máis importante da literatura galega. Para conmemoralo este ano dende o Equipo de Dinamización da lingua galega propuxemos que cada titoría elaborara un acróstico co nome de Rosalía. Unha vez elaborados estes acrósticos fixemos un mural conxunto co eles co que xunto cunhas letras co nome de Rosalía decoramos a entrada do noso cole. Logo o alumnado asistiu o visionado dun vídeo na biblioteca sobre quen foi  a figura de Rosalía de Castro e a súa importancia para o pobo galego e a súa literatura, e despois fixemos un concurso por equipos respostando a preguntas sobre a vida de Rosalía e anécdotas relacionadas coa mesma. Foi unha actividade divertida e amena para a rapazada coa que ademais de pasalo ben aprenderon moitas cousas sobre a vida de Rosalía de Castro.

Festa dos 21 días en galego!

Imaxe
Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a Paralaia e do IES as Barxas.     A idea era que o alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son da Rúa. A rapazada desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd dos centos que o grupo lanzou o público.    En resumo foi unha gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.

Debate: Os videoxogos na etapa primaria; o caso concreto do Fortnite.

Imaxe
Dentro das actividades propostas dende o equipo de dinamización da lingua galega dentro da actividade “21 días en galego” a titora de 6º curso e o seu grupo organizaron un debate seguindo o tema proposto foi: “Os videoxogos na idade escolar; o caso concreto do Fortnite”. Con este tema buscamos que fose o máis interesante posible para o alumnado, implicándonos así na actividade. O debate organizouse de xeito que a clase de 6º curso se dividise libremente en dous grupos, un grupo preparou unha postura a favor do uso dos videoxogos e o outro defendeu a postura contraria. Este debate foi preparado polo alumnado de 6º curso coa súa titora. Hoxe martes 11 de febreiro fixemos a posta en escena do debate na biblioteca, o alumnado de 6º curso debateu vehementemente sobre o tema proposto, moderados pola súa titora. A apertura e o peche da actividade correu a cargo do equipo de dinamización da lingua galega. Valoramos moi positivamente esta actividade que a maiores d...

Comezamos 21 días en galego!

Imaxe
Este luns 27 de xaneiro comezou a campaña "21 días en galego" no cole implicámonos totalmente nela,  pois cremos que esta campaña de promoción do uso da lingua galega é moi necesaria debido a falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. Para os nosos rapaces/rapazas, o galego é case unha lingua estranxeira na que non posúen fluidez e realizan aberrantes traducións do castelán na súa expresión oral e escrita. Esta campaña de promoción da nosa lingua que leva a cabo o Concello de Moaña en colaboración cos centros de ensino durará ata o domingo 16 de febreiro. Algunhas das vantaxes que nos aportará o participar nesta campaña son: ·          Conseguir fluidez na súa expresión oral e así obter mellores resultados nas probas que requiran observar esta competencia (exposicións, exames orais…). ·   ...

VIDEO: De quen son as cousas do cole?

Imaxe
Deixámosvos cunha ligazón a un novo vídeo, nesta ocasión non temos máis pretensión ca divertirnos coas respostas dos nosos pequenos sobre quen ten a propiedade das cousas do colexio.

VÍDEO: Querémonos vivas!

Imaxe
Para reivindicar este 25 de novembro día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o equipo de actividades extraescolares propuxeron facer este vídeo no que participa todo o alumnado do noso colexio. O equipo de dinamización da lingua galega, ao igual que o resto do cole, estivemos encantados de participar na súa realización. Agardamos que vos guste. Contra a violencia, tolerancia cero! QUERÉMONOS VIVAS!

Chegou o magosto!!

Imaxe
Nestas datas tan festivas dende o departamento de Dinamización lingüística organizamos o tradicional magosto, unha festa ligada a recollida das castañas e o primeiro viño novo, celebración que nos toca moi de preto debido a nosa localización na parroquia de S. Martiño. Para festexalo contamos coa imprescindible colaboración da ANPA que nos aportou castañas, bolos con chourizo e zumes e refrescos, ademais das súas mans, imprescindibles para a organización, reparto de comida e bebida e sobre todo a preparación e asado das castañas que xunto co profe Xosé Manuel soportaron unhas temperaturas insoportables, calculamos que arredor dos 500 grados. O departamento de E.F colaborou coa organización de xogos populares, nos que as nenas e nenos participaron en equipos formados polo alumnado dos distintos cursos.  Despois dos xogos procedeuse o reparto de castañas e bolos de chourizo, así como de zumes e refrescos.   Toda a xornada estivo ameni...

"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.

Imaxe
Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,   a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente. Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nos. Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas. Iria Piñeiro contounos a hi...

Visita de Onofre Muianga

Imaxe
Hoxe visitounos Onofre Muianga, un técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique que esta pasando uns días en Galiza para mellorar os seus coñecementos sobre recadación e xestión de impostos, a través dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.  Grazas a colaboración do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Moaña as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso aproveitamos a súa estadía no noso pobo para visibilizar a proximidade que teñen as nosas linguas, galega e portuguesa, para poder falar con el e comprobar a utilidade do galego para comunicarnos coas linguas da área da lusofonía. Este encontro tamén nos serviu para coñecer de primeira man moitas cousas dun país tan lonxano como Mozambique, e tamén saber das súas xentes e costumes. Foi un encontro moi agradable e interesante, polo que agardamos poder repetilo na súa vindeira visita. Moitas grazas Onofre!!