Publicacións

ABRIDE A FIESTRA. DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Imaxe
O pasado 24 de Febreiro festexamos o Día de Rosalía de Castro.Fixemos un mural das nosas familias e fotos dela, repartimos poemas e caraveis polos veciños da zona, e para rematar leímos poemas dela na biblioteca. Toda unha merecida homenaxe para a nosa poetisa de referencia

MAGOSTO

Hoxe 17 de Novembro festexamos o Magosto no colexio. Fixemos distintos obradoiros e despóis saímos ao patio. Despóis de disfrutar xogos populares, degustamos as sabrosas castañas que os nosos avos e avoas fixeron con tanto cariño. Premede na LIGAZON para ver a reportaxe fotografica.

SAMAÍN

Imaxe
Compartimos esta canción que aos nenos e nenas de infantil lles encanta

FESTA DE SAMAÍN

Esta semana pasada tivemos celebración. SAMAÍN. O fin de ano celta. Esta foi unha festa que se celebrou dende a antigüedade en GALICIA, pero logo foi importada por américa e, moitos anos despois da orixe desta festa, chegou con forza o HALLOWEEN americano e, case esquecemos que aquí, na nosa terra, xa tiñamos SAMAÍN.  LEDE AQUÍ PARA SABER MÁIS No noso cole rematamos a celebración lendo un conxuro para deixar de lado os medos equeimar os terroríficos contos que inventaramos. Publicaremos os contos noutra entrada.Mirade aquí as fotos...  conxuro Cando chegamos pola mañá, o noso cole lucía terrorífico, coas cabazas que fixeramos na casa coa axuda das familias...moitísimas grazas a todos e todas por colaborar. Queredes ver que medo daban?? Non perdades detalle... cabazas samaín E, coma tódolos anos, compartimos unha merenda terriblemente deliciosa. Con sobremesas espantosas, pero moi saborosas. Outro ano máis quedou confirmado...FAMILIAS, SODES ESTUPENDAS!! GRA...

RODA DO ANO CELTA

Imaxe
Como este ano o proxecto de centro vai sobre o mediambiente, dende o equipo de dinamización ocorréusenos a idea de traballar os festexos que os celtas facían e, ao mesmo tempo, traballar as árbores que eles consideraban sagradas. Para a cultura celta, a natureza era moi importante e, por iso, as festas están tan relacionadas con ela e tamén a coidaban tanto. Deberiamos aprender deles e comezar a coida-lo noso medio. Aquí tendes a roda de celebracións e árbores E, colaborando co plan proxecta solicitado este ano que se chama  ITOFALADOIRO e que busca que os  nenos e nenas melloren a súa competencia linüística en galego no tocante aos nomes das especies vexetais que podemos atopar na contorna, creouse o concurso CAZAPLANTA que xa todos e todas coñecedes. Cada  mes traballaremos unhas especies e animámosvos a participar. O mes pasado foi o mes das trepadoras; este mes... MES DO CARRIZO!! AGORA TODOS E TODAS A CAZAR PLANTAS. E, en breve, os gañadores do primeiro...

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA 2017-2018

Este ano imos ver se somos quen de levar este caderno de bitácora máis ou menos ao día. Tentaremos ir colgando novas, fotos, actividades...para que poidades ver o traballo que facemos. Animádevos e dicídenos algo, que seguro nos axudará a facelo mellor!! Este ano no equipo estamos: O profe IAGO , de primeiro; a profe SARA , de terceiro; a profe VERO , de cuarto; a "Teacher" BELÉN e a profe EVI , de tres anos. Esperamos contarvos cousas que vos interesen e que este espacio sexa rico para  todos. IMOS FACELO!!