Publicacións

Visita de Onofre Muianga

Imaxe
Hoxe visitounos Onofre Muianga, un técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique que esta pasando uns días en Galiza para mellorar os seus coñecementos sobre recadación e xestión de impostos, a través dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.  Grazas a colaboración do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Moaña as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso aproveitamos a súa estadía no noso pobo para visibilizar a proximidade que teñen as nosas linguas, galega e portuguesa, para poder falar con el e comprobar a utilidade do galego para comunicarnos coas linguas da área da lusofonía. Este encontro tamén nos serviu para coñecer de primeira man moitas cousas dun país tan lonxano como Mozambique, e tamén saber das súas xentes e costumes. Foi un encontro moi agradable e interesante, polo que agardamos poder repetilo na súa vindeira visita. Moitas grazas Onofre!!

LETRAS GALEGAS 2108

Imaxe
Durante a pasada semana fixemos no centro diferentes actividades traballando sobre a figura de María Victoria Moreno, cuarta muller homenaxeada despóis de 56 edicións, como pionera de literatura infantil en galego e defensora da nosa lingua. O venres 16 de Maio tivo lugar o I Certame de Poesía no noso centro organizado polo Equipo de Dinamización Lingüistica. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica.

CORRELINGUA 2018

Imaxe
Un ano máis asistimos á festa do galego. Neste caso en Bueu, onde acudimos hoxe, 4 de Maio. Alí percorrimos as rúas festexando o día da nosa lingua. Despóis de escoitar o manifesto en defensa do galego, os colexios do morrazo cantamos e bailamos con Paco Nogueira, cantautor moi coñecido por todos nós.

MAIOS 2018

Imaxe
Un ano máis festexamos os Maios no colexio. Comezamos o día con choiva pero non iso non nos detivo. As gañas de facelo foron máis forte. Comezamos con distintos obradoiros para confeccionar o noso Maio. En grupos quitamos o rabo aos pampullos e os ensartamos, o decoramos e ao rematar cantamos todos xuntos unha canción popular propia desta festividade. Aquí tedes a reportaxe fotográfica do evento.

FESTA OSTARA EN PASCOA

Imaxe
O pasado 23 de Marzo festexamos a Pascoa no colexio. Fixemos distintos obradoiros para confecionar as nosas cestas de Pascoa. Prantamos os nosos desexos para que se podan cumprir e para rematar fixemos a xa tradicional búsqueda de ovos. Desde o noso equipo demos a coñecer aos nosos alumnos/asa orixe celta desta celebración.

ABRIDE A FIESTRA. DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Imaxe
O pasado 24 de Febreiro festexamos o Día de Rosalía de Castro.Fixemos un mural das nosas familias e fotos dela, repartimos poemas e caraveis polos veciños da zona, e para rematar leímos poemas dela na biblioteca. Toda unha merecida homenaxe para a nosa poetisa de referencia

MAGOSTO

Hoxe 17 de Novembro festexamos o Magosto no colexio. Fixemos distintos obradoiros e despóis saímos ao patio. Despóis de disfrutar xogos populares, degustamos as sabrosas castañas que os nosos avos e avoas fixeron con tanto cariño. Premede na LIGAZON para ver a reportaxe fotografica.