Publicacións

VIDEO: De quen son as cousas do cole?

Imaxe
Deixámosvos cunha ligazón a un novo vídeo, nesta ocasión non temos máis pretensión ca divertirnos coas respostas dos nosos pequenos sobre quen ten a propiedade das cousas do colexio.

VÍDEO: Querémonos vivas!

Imaxe
Para reivindicar este 25 de novembro día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o equipo de actividades extraescolares propuxeron facer este vídeo no que participa todo o alumnado do noso colexio. O equipo de dinamización da lingua galega, ao igual que o resto do cole, estivemos encantados de participar na súa realización. Agardamos que vos guste. Contra a violencia, tolerancia cero! QUERÉMONOS VIVAS!

Chegou o magosto!!

Imaxe
Nestas datas tan festivas dende o departamento de Dinamización lingüística organizamos o tradicional magosto, unha festa ligada a recollida das castañas e o primeiro viño novo, celebración que nos toca moi de preto debido a nosa localización na parroquia de S. Martiño. Para festexalo contamos coa imprescindible colaboración da ANPA que nos aportou castañas, bolos con chourizo e zumes e refrescos, ademais das súas mans, imprescindibles para a organización, reparto de comida e bebida e sobre todo a preparación e asado das castañas que xunto co profe Xosé Manuel soportaron unhas temperaturas insoportables, calculamos que arredor dos 500 grados. O departamento de E.F colaborou coa organización de xogos populares, nos que as nenas e nenos participaron en equipos formados polo alumnado dos distintos cursos.  Despois dos xogos procedeuse o reparto de castañas e bolos de chourizo, así como de zumes e refrescos.   Toda a xornada estivo ameni...

"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.

Imaxe
Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,   a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente. Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nos. Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas. Iria Piñeiro contounos a hi...

Visita de Onofre Muianga

Imaxe
Hoxe visitounos Onofre Muianga, un técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique que esta pasando uns días en Galiza para mellorar os seus coñecementos sobre recadación e xestión de impostos, a través dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.  Grazas a colaboración do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Moaña as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso aproveitamos a súa estadía no noso pobo para visibilizar a proximidade que teñen as nosas linguas, galega e portuguesa, para poder falar con el e comprobar a utilidade do galego para comunicarnos coas linguas da área da lusofonía. Este encontro tamén nos serviu para coñecer de primeira man moitas cousas dun país tan lonxano como Mozambique, e tamén saber das súas xentes e costumes. Foi un encontro moi agradable e interesante, polo que agardamos poder repetilo na súa vindeira visita. Moitas grazas Onofre!!

LETRAS GALEGAS 2108

Imaxe
Durante a pasada semana fixemos no centro diferentes actividades traballando sobre a figura de María Victoria Moreno, cuarta muller homenaxeada despóis de 56 edicións, como pionera de literatura infantil en galego e defensora da nosa lingua. O venres 16 de Maio tivo lugar o I Certame de Poesía no noso centro organizado polo Equipo de Dinamización Lingüistica. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica.

CORRELINGUA 2018

Imaxe
Un ano máis asistimos á festa do galego. Neste caso en Bueu, onde acudimos hoxe, 4 de Maio. Alí percorrimos as rúas festexando o día da nosa lingua. Despóis de escoitar o manifesto en defensa do galego, os colexios do morrazo cantamos e bailamos con Paco Nogueira, cantautor moi coñecido por todos nós.