Publicacións

Festa dos 21 días en galego!

Imaxe
Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a Paralaia e do IES as Barxas.     A idea era que o alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son da Rúa. A rapazada desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd dos centos que o grupo lanzou o público.    En resumo foi unha gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.

Debate: Os videoxogos na etapa primaria; o caso concreto do Fortnite.

Imaxe
Dentro das actividades propostas dende o equipo de dinamización da lingua galega dentro da actividade “21 días en galego” a titora de 6º curso e o seu grupo organizaron un debate seguindo o tema proposto foi: “Os videoxogos na idade escolar; o caso concreto do Fortnite”. Con este tema buscamos que fose o máis interesante posible para o alumnado, implicándonos así na actividade. O debate organizouse de xeito que a clase de 6º curso se dividise libremente en dous grupos, un grupo preparou unha postura a favor do uso dos videoxogos e o outro defendeu a postura contraria. Este debate foi preparado polo alumnado de 6º curso coa súa titora. Hoxe martes 11 de febreiro fixemos a posta en escena do debate na biblioteca, o alumnado de 6º curso debateu vehementemente sobre o tema proposto, moderados pola súa titora. A apertura e o peche da actividade correu a cargo do equipo de dinamización da lingua galega. Valoramos moi positivamente esta actividade que a maiores d...

Comezamos 21 días en galego!

Imaxe
Este luns 27 de xaneiro comezou a campaña "21 días en galego" no cole implicámonos totalmente nela,  pois cremos que esta campaña de promoción do uso da lingua galega é moi necesaria debido a falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. Para os nosos rapaces/rapazas, o galego é case unha lingua estranxeira na que non posúen fluidez e realizan aberrantes traducións do castelán na súa expresión oral e escrita. Esta campaña de promoción da nosa lingua que leva a cabo o Concello de Moaña en colaboración cos centros de ensino durará ata o domingo 16 de febreiro. Algunhas das vantaxes que nos aportará o participar nesta campaña son: ·          Conseguir fluidez na súa expresión oral e así obter mellores resultados nas probas que requiran observar esta competencia (exposicións, exames orais…). ·   ...

VIDEO: De quen son as cousas do cole?

Imaxe
Deixámosvos cunha ligazón a un novo vídeo, nesta ocasión non temos máis pretensión ca divertirnos coas respostas dos nosos pequenos sobre quen ten a propiedade das cousas do colexio.

VÍDEO: Querémonos vivas!

Imaxe
Para reivindicar este 25 de novembro día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o equipo de actividades extraescolares propuxeron facer este vídeo no que participa todo o alumnado do noso colexio. O equipo de dinamización da lingua galega, ao igual que o resto do cole, estivemos encantados de participar na súa realización. Agardamos que vos guste. Contra a violencia, tolerancia cero! QUERÉMONOS VIVAS!

Chegou o magosto!!

Imaxe
Nestas datas tan festivas dende o departamento de Dinamización lingüística organizamos o tradicional magosto, unha festa ligada a recollida das castañas e o primeiro viño novo, celebración que nos toca moi de preto debido a nosa localización na parroquia de S. Martiño. Para festexalo contamos coa imprescindible colaboración da ANPA que nos aportou castañas, bolos con chourizo e zumes e refrescos, ademais das súas mans, imprescindibles para a organización, reparto de comida e bebida e sobre todo a preparación e asado das castañas que xunto co profe Xosé Manuel soportaron unhas temperaturas insoportables, calculamos que arredor dos 500 grados. O departamento de E.F colaborou coa organización de xogos populares, nos que as nenas e nenos participaron en equipos formados polo alumnado dos distintos cursos.  Despois dos xogos procedeuse o reparto de castañas e bolos de chourizo, así como de zumes e refrescos.   Toda a xornada estivo ameni...

"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.

Imaxe
Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,   a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente. Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nos. Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas. Iria Piñeiro contounos a hi...