FESTA DE SAMAÍN

Esta semana pasada tivemos celebración. SAMAÍN. O fin de ano celta. Esta foi unha festa que se celebrou dende a antigüedade en GALICIA, pero logo foi importada por américa e, moitos anos despois da orixe desta festa, chegou con forza o HALLOWEEN americano e, case esquecemos que aquí, na nosa terra, xa tiñamos SAMAÍN. LEDE AQUÍ PARA SABER MÁIS

No noso cole rematamos a celebración lendo un conxuro para deixar de lado os medos equeimar os terroríficos contos que inventaramos. Publicaremos os contos noutra entrada.Mirade aquí as fotos... 



conxuro

Cando chegamos pola mañá, o noso cole lucía terrorífico, coas cabazas que fixeramos na casa coa axuda das familias...moitísimas grazas a todos e todas por colaborar. Queredes ver que medo daban?? Non perdades detalle...

cabazas samaín
E, coma tódolos anos, compartimos unha merenda terriblemente deliciosa. Con sobremesas espantosas, pero moi saborosas. Outro ano máis quedou confirmado...FAMILIAS, SODES ESTUPENDAS!! GRAZAS POR TANTÍSIMA COLABORACIÓN!!! GRAZAS AVOS FOI UN DÍA TERRORIFICAMENTE FANTÁSTICO!!!
MIRADE QUE ARTISTAS TEMOS ENTRE OS PAIS E NAIS DO COLE!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro