Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Sexamos xornalistas investigadores!(EDLG)

Imaxe
Dende o EDLG queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece a situación na que nos atopamos e queremos que vos convertades en sisudos xornalistas . Coa crise que estamos vivindo están aparecendo moitos chismes a través das distintas redes sociais, como Whatsapp, Facebook, Twitter ou Instagram. En que consiste a actividade? A actividade que vos propoñemos é que cada semana escollades o chisme ou nova falsa, a que vos pareza máis relevante, e acompañedela dunha nova dun xornal ou similar onde se desminta ese chisme. Por exemplo esta semana foi moi soado o tema de que o ibuprofeno estaba contraindicado e apareceu en moitas cadeas de whatsapp. A actividade consistiría en facer unha captura de pantalla dese chisme de whatsapp e acompañala, o lado ou debaixo doutra captura de pantalla ou fotografia, dunha nova onde se desminta esa nova falsa como serían por exemplo estas: https://gacetamedica.com/politica/espana-no-desaconseja-tomar-ibuprofeno-frente-al-covid-19/

Regueifas pola nosa lingua

Imaxe
   Dentro das actividades propostas na campaña 21 días en galego estaba que os rapaces de 4º, 5º, e 6º elaboraran regueifas.    Con esta actividade, ademais de dar a coñecer ó noso alumnado estas cantigas improvisadas de disputa normalmente entre dúas persoas, traballamos a creatividade, a improvisación e sobre todo a expresión oral en galego que é o obxectivo principal da campaña 21 días en galego.    Agardamos que desfrutedes co resultado, recibide un agarimoso saúdo do equipo de normalización da lingua galega.

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
Este Venres festexamos o día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, que este ano coincidiu co luns do entroido, festexase o aniversario do día do nacemento da autora máis importante da literatura galega. Para conmemoralo este ano dende o Equipo de Dinamización da lingua galega propuxemos que cada titoría elaborara un acróstico co nome de Rosalía. Unha vez elaborados estes acrósticos fixemos un mural conxunto co eles co que xunto cunhas letras co nome de Rosalía decoramos a entrada do noso cole. Logo o alumnado asistiu o visionado dun vídeo na biblioteca sobre quen foi  a figura de Rosalía de Castro e a súa importancia para o pobo galego e a súa literatura, e despois fixemos un concurso por equipos respostando a preguntas sobre a vida de Rosalía e anécdotas relacionadas coa mesma. Foi unha actividade divertida e amena para a rapazada coa que ademais de pasalo ben aprenderon moitas cousas sobre a vida de Rosalía de Castro.