Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

VÍDEO: Querémonos vivas!

Imaxe
Para reivindicar este 25 de novembro día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o equipo de actividades extraescolares propuxeron facer este vídeo no que participa todo o alumnado do noso colexio. O equipo de dinamización da lingua galega, ao igual que o resto do cole, estivemos encantados de participar na súa realización. Agardamos que vos guste. Contra a violencia, tolerancia cero! QUERÉMONOS VIVAS!

Chegou o magosto!!

Imaxe
Nestas datas tan festivas dende o departamento de Dinamización lingüística organizamos o tradicional magosto, unha festa ligada a recollida das castañas e o primeiro viño novo, celebración que nos toca moi de preto debido a nosa localización na parroquia de S. Martiño. Para festexalo contamos coa imprescindible colaboración da ANPA que nos aportou castañas, bolos con chourizo e zumes e refrescos, ademais das súas mans, imprescindibles para a organización, reparto de comida e bebida e sobre todo a preparación e asado das castañas que xunto co profe Xosé Manuel soportaron unhas temperaturas insoportables, calculamos que arredor dos 500 grados. O departamento de E.F colaborou coa organización de xogos populares, nos que as nenas e nenos participaron en equipos formados polo alumnado dos distintos cursos.  Despois dos xogos procedeuse o reparto de castañas e bolos de chourizo, así como de zumes e refrescos.   Toda a xornada estivo amenizada por

"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.

Imaxe
Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,   a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente. Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nos. Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas. Iria Piñeiro contounos a histor