Visita de Onofre Muianga
Hoxe visitounos Onofre Muianga, un técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique que esta pasando uns días en Galiza para mellorar os seus coñecementos sobre recadación e xestión de impostos, a través dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Grazas a colaboración do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Moaña as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso aproveitamos a súa estadía no noso pobo para visibilizar a proximidade que teñen as nosas linguas, galega e portuguesa, para poder falar con el e comprobar a utilidade do galego para comunicarnos coas linguas da área da lusofonía. Este encontro tamén nos serviu para coñecer de primeira man moitas cousas dun país tan lonxano como Mozambique, e tamén saber das súas xentes e costumes.
Foi un encontro moi agradable e interesante, polo que agardamos poder repetilo na súa vindeira visita.
Moitas grazas Onofre!!
Moitas grazas Onofre!!
Comentarios
Publicar un comentario