"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.



Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,  a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente.

Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nos.



Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas.



Iria Piñeiro contounos a historia: “Unha pantasma con asma”, Sheila Ferral contounos unha historia inventada por ela para mostrar que os medos son algo que fomentamos nós, María Martínez contounos unha historia de medo tamén inventada por ela chamada “Carmiña Lobeira”, e finalmente Xosé Manuel contounos unha lenda popular deste tempo chamada “A boina na silva”.

Queríamos amosar que moitos dos medos son circunstancias que nos mesmos alimentamos coa falta da luz ou coa nosa imaxinación.

Feliz noite de Samaín!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro