Bitácora coas últimas novas do equipo de dinamización e as actividades, relacionadas coa lingua, do noso cole.
VIDEO: De quen son as cousas do cole?
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Deixámosvos cunha ligazón a un novo vídeo, nesta ocasión non temos máis pretensión ca divertirnos coas respostas dos nosos pequenos sobre quen ten a propiedade das cousas do colexio.
Pois claro!!! As cousas do cole son de TODAS as persoas que convivimos nel!!👏👏 Fantástico traballo, Agus!! E fantásticas esas persoíñas pequenas que tanto nos fan rir!! Bicos a todas!!
Durante a pasada semana fixemos no centro diferentes actividades traballando sobre a figura de María Victoria Moreno, cuarta muller homenaxeada despóis de 56 edicións, como pionera de literatura infantil en galego e defensora da nosa lingua. O venres 16 de Maio tivo lugar o I Certame de Poesía no noso centro organizado polo Equipo de Dinamización Lingüistica. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica.
Con motivo de agasallarnos polo noso traballo no vídeo do Correlingua 2020 dende a organización dpo mesmo enviaronnos a Luís Caruncho e Pinto D´Herbón para facer un obradoiro de regueifas co alumnado de 6º curso e unha actuación para a rapazada de 2º e 3º. Pasamolo moi ben desfrutando da riqueza da nosa cultura e da nosa lingua, moitas grazas por unha xornada xenial! Deixamosvos unhas imaxes da visita: Un saúdo do equipo de dinamización da lingua galega!
O 17 de maio festexamos o día das letras galegas que este ano esta adicado a un dos nosos autores favoritos: Ricardo Carvalho Calero. Neste ligazón tedes información sobre a súa figura: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas Para comezar esta semana das letras e que coñezades un pouco mellor as ideas desta figura das nosas letras deixámosvos este anaco de tan só 10 minutiños dunha entrevista que lle fixeron na TVG no ano 1987. Dende o equipo de dinamización da lingua galega desexámosvos unha feliz semana das letras galegas.
Pois claro!!! As cousas do cole son de TODAS as persoas que convivimos nel!!👏👏
ResponderEliminarFantástico traballo, Agus!!
E fantásticas esas persoíñas pequenas que tanto nos fan rir!!
Bicos a todas!!