Festa dos 21 días en galego!
Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en
galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o
esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o
acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego
de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a
Paralaia e do IES as Barxas.
A idea era que o
alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión
na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son
da Rúa.
A rapazada
desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd
dos centos que o grupo lanzou o público.
En resumo foi unha
gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como
mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.
Comentarios
Publicar un comentario