Día de Rosalía de Castro



Este Venres festexamos o día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, que este ano coincidiu co luns do entroido, festexase o aniversario do día do nacemento da autora máis importante da literatura galega.




Para conmemoralo este ano dende o Equipo de Dinamización da lingua galega propuxemos que cada titoría elaborara un acróstico co nome de Rosalía.


Unha vez elaborados estes acrósticos fixemos un mural conxunto co eles co que xunto cunhas letras co nome de Rosalía decoramos a entrada do noso cole.



Logo o alumnado asistiu o visionado dun vídeo na biblioteca sobre quen foi  a figura de Rosalía de Castro e a súa importancia para o pobo galego e a súa literatura, e despois fixemos un concurso por equipos respostando a preguntas sobre a vida de Rosalía e anécdotas relacionadas coa mesma.


Foi unha actividade divertida e amena para a rapazada coa que ademais de pasalo ben aprenderon moitas cousas sobre a vida de Rosalía de Castro.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro