Bitácora coas últimas novas do equipo de dinamización e as actividades, relacionadas coa lingua, do noso cole.
Queredes enviarnos as vosas investigacións?
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Bo día nenas e nenos, se queredes enviarnos algún traballo ou parte do mesmo para que lle botemos un ollo podedes enviarnolo ao enderezo electrónico: profeagusabelendo@gmail.com
O 17 de maio festexamos o día das letras galegas que este ano esta adicado a un dos nosos autores favoritos: Ricardo Carvalho Calero. Neste ligazón tedes información sobre a súa figura: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas Para comezar esta semana das letras e que coñezades un pouco mellor as ideas desta figura das nosas letras deixámosvos este anaco de tan só 10 minutiños dunha entrevista que lle fixeron na TVG no ano 1987. Dende o equipo de dinamización da lingua galega desexámosvos unha feliz semana das letras galegas.
Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a Paralaia e do IES as Barxas. A idea era que o alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son da Rúa. A rapazada desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd dos centos que o grupo lanzou o público. En resumo foi unha gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.
Bo día rapazada! Ante o aluvión de vídeos recibidos recitando anacos da obra de Carvalho Calero eranos imposible facer unha montaxe con todos eles, pois o vídeo sería mooooooi longo, co cal, o Equipo de Dinamización da lingua galega decidimos converter isto nun concurso e escoller os que máis nos gustaron. Despois dunha sisuda deliberación por parte do xurado os vídeos seleccionados son: Categoría de 1º a 3º curso. O autor do vídeo seleccionado é: Unai de 3º curso. Moitos parabéns!!! Categoría de 4º a 6º curso . A autora do vídeo seleccionado é: Nastia de 5º curso. Moitos parabéns!!!! Moi grandes os dous! Xeniais! Agradecemos a todos a vosa participación e parabenizamos os seleccionados!!
Comentarios
Publicar un comentario