Grava un vídeo recitando un texto de Carvalho Calero




Dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos festexar a próxima data do 17 de maio, día das letras galegas, aínda que a Real Academia Galega trasladase os festexos o 31 de outubro.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/real-academia-galega-traslada-pleno-do-dia-das-letras-galegas-ao-31-outubro/20200408150552094884.html

Nós queremos festexar a data de sempre igualmente, a marxe do que poidamos facer en outubro. Para este fin propoñémosvos unha actividade que nos parece moi fermosa:

Como xa sabedes este ano a figura homenaxeada é o gran Ricardo Carvalho Calero e cremos que unha boa forma de homenaxealo é coñecer a súa obra. 

Para animarvos a facelo propoñémosvos que busquedes un fragmento da súa obra e que vos gravedes léndoo ou recitándoo.



Este fragmento de vídeo non debe exceder a duración máxima de 30sg.
Unha vez que o teñades gravado podedes enviárnolo a este enderezo electrónico:


Cos vídeos que nos enviedes tentaremos facer unha fermosa montaxe.

Feliz semana das letras galegas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Vídeos seleccionados das Letras Galegas 2020 versión en liña.

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!