EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA 2017-2018
Este ano imos ver se somos quen de levar este caderno de bitácora máis ou menos ao día. Tentaremos ir colgando novas, fotos, actividades...para que poidades ver o traballo que facemos. Animádevos e dicídenos algo, que seguro nos axudará a facelo mellor!! Este ano no equipo estamos: O profe IAGO , de primeiro; a profe SARA , de terceiro; a profe VERO , de cuarto; a "Teacher" BELÉN e a profe EVI , de tres anos. Esperamos contarvos cousas que vos interesen e que este espacio sexa rico para todos. IMOS FACELO!!