Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2020

Festa dos 21 días en galego!

Imaxe
Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a Paralaia e do IES as Barxas.     A idea era que o alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son da Rúa. A rapazada desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd dos centos que o grupo lanzou o público.    En resumo foi unha gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.

Debate: Os videoxogos na etapa primaria; o caso concreto do Fortnite.

Imaxe
Dentro das actividades propostas dende o equipo de dinamización da lingua galega dentro da actividade “21 días en galego” a titora de 6º curso e o seu grupo organizaron un debate seguindo o tema proposto foi: “Os videoxogos na idade escolar; o caso concreto do Fortnite”. Con este tema buscamos que fose o máis interesante posible para o alumnado, implicándonos así na actividade. O debate organizouse de xeito que a clase de 6º curso se dividise libremente en dous grupos, un grupo preparou unha postura a favor do uso dos videoxogos e o outro defendeu a postura contraria. Este debate foi preparado polo alumnado de 6º curso coa súa titora. Hoxe martes 11 de febreiro fixemos a posta en escena do debate na biblioteca, o alumnado de 6º curso debateu vehementemente sobre o tema proposto, moderados pola súa titora. A apertura e o peche da actividade correu a cargo do equipo de dinamización da lingua galega. Valoramos moi positivamente esta actividade que a maiores d