Publicacións

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Imaxe
 Con motivo de agasallarnos polo noso traballo no vídeo do Correlingua 2020 dende a organización dpo mesmo enviaronnos a Luís Caruncho e Pinto D´Herbón para facer un obradoiro de regueifas co alumnado de 6º curso e unha actuación para a rapazada de 2º e 3º. Pasamolo moi ben desfrutando da riqueza da nosa cultura e da nosa lingua, moitas grazas por unha xornada xenial! Deixamosvos unhas imaxes da visita: Un saúdo do equipo de dinamización da lingua galega!

Gañamos o concurso de vídeo do Correlingua 2020!

Imaxe
O noso colexio resultado gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2020 no que competimos cos centros de toda Galiza. A verdade é que o vídeo protagonizado polos alumnos do noso cole é moi fermoso.   O premio será a visita de Luís Caruncho e  Pinto d´Herbón ao noso cole  para realizar un taller de regueifas co alumnado de 6º e unha actuación para a rapazada de 2º e 3º curso.  Deixámosvos aquí a ligazón o vídeo gañador, agardamos que o desfrutedes.  Un saúdo do equipo de dinamización da lingua galega!

Vídeos seleccionados das Letras Galegas 2020 versión en liña.

Imaxe
Bo día rapazada! Ante o aluvión de vídeos recibidos recitando anacos da obra de Carvalho Calero eranos imposible facer unha montaxe con todos eles, pois o vídeo sería mooooooi longo, co cal, o Equipo de Dinamización da lingua galega decidimos converter isto nun concurso e escoller os que máis nos gustaron. Despois dunha sisuda deliberación por parte do xurado os vídeos seleccionados son: Categoría de 1º a 3º curso. O autor do vídeo seleccionado é:  Unai de 3º curso. Moitos parabéns!!! Categoría de 4º a 6º curso . A autora do vídeo seleccionado é: Nastia de 5º curso. Moitos parabéns!!!! Moi grandes os dous! Xeniais! Agradecemos a todos a vosa participación e parabenizamos os seleccionados!!

Recopilación de recursos didácticos sobre Carvalho Calero

Imaxe
Seguimos nesta semana das letras coa nosa homenaxe a Carvalho Calero.   Nesta ocasión deixámosvos varios recursos para traballar arredor da súa figura. -   Carvalho Calero para o ensino primario , de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña. https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20748.pdf - Un conto, varios temas musicais e unha unidade didáctica . Elaborado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora. http://aspitas.gal/ Proposta do Seminario Galán . As actividades do Seminario Galán: un clásico das propostas didácticas para o Día das Letras Galegas. Un ano máis documentos para imprimir, actividades en liña, álbum de fotos... http://seminariogalan.org/inicio/portada Xogos de Fuga para

Grava un vídeo recitando un texto de Carvalho Calero

Imaxe
Dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos festexar a próxima data do 17 de maio, día das letras galegas, aínda que a Real Academia Galega trasladase os festexos o 31 de outubro. https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/real-academia-galega-traslada-pleno-do-dia-das-letras-galegas-ao-31-outubro/20200408150552094884.html Nós queremos festexar a data de sempre igualmente, a marxe do que poidamos facer en outubro. Para este fin propoñémosvos unha actividade que nos parece moi fermosa: Como xa sabedes este ano a figura homenaxeada é o gran Ricardo Carvalho Calero e cremos que unha boa forma de homenaxealo é coñecer a súa obra.  Para animarvos a facelo propoñémosvos que busquedes un fragmento da súa obra e que vos gravedes léndoo ou recitándoo. Este fragmento de vídeo non debe exceder a duración máxima de 30sg. Unha vez que o teñades gravado podedes enviárnolo a este enderezo electrónico: Cos vídeos que nos enviedes tentaremos facer un

Semana das Letras Galegas

Imaxe
O 17 de maio festexamos o día das letras galegas que este ano esta adicado a un dos nosos autores favoritos: Ricardo Carvalho Calero. Neste ligazón tedes información sobre a súa figura:  https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas Para comezar esta semana das letras e que coñezades un pouco mellor as ideas desta figura das nosas letras deixámosvos este anaco de tan só 10 minutiños dunha entrevista que lle fixeron na TVG no ano 1987. Dende o equipo de dinamización da lingua galega desexámosvos unha feliz semana das letras galegas.

Día do libro

Imaxe
Recentemente festexamos o día do libro. Dende o EDLG queremos animarvos tanto a grandes como a pequenos a ler un fermoso libro en galego. Que mellor cousa que facer nestes días de confinamento que deixarse atrapar pola lectura na nosa lingua nai? Para animarvos déixovos este fermoso vídeo poema feito polo CEIP Saco e Arce, baseado no coñecido texto de Irene Vella, seguro que vos gusta. Apertas para tod@s!