Comezamos 21 días en galego!
Este luns 27 de xaneiro comezou a campaña "21 días en galego" no cole implicámonos totalmente nela, pois cremos que esta campaña de promoción do uso da lingua galega é moi necesaria debido a falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. Para os nosos rapaces/rapazas, o galego é case unha lingua estranxeira na que non posúen fluidez e realizan aberrantes traducións do castelán na súa expresión oral e escrita. Esta campaña de promoción da nosa lingua que leva a cabo o Concello de Moaña en colaboración cos centros de ensino durará ata o domingo 16 de febreiro. Algunhas das vantaxes que nos aportará o participar nesta campaña son: · Conseguir fluidez na súa expresión oral e así obter mellores resultados nas probas que requiran observar esta competencia (exposicións, exames orais…). · Mellorar a súa competencia escrita, elim