Chegou o magosto!!



Nestas datas tan festivas dende o departamento de Dinamización lingüística organizamos o tradicional magosto, unha festa ligada a recollida das castañas e o primeiro viño novo, celebración que nos toca moi de preto debido a nosa localización na parroquia de S. Martiño.




Para festexalo contamos coa imprescindible colaboración da ANPA que nos aportou castañas, bolos con chourizo e zumes e refrescos, ademais das súas mans, imprescindibles para a organización, reparto de comida e bebida e sobre todo a preparación e asado das castañas que xunto co profe Xosé Manuel soportaron unhas temperaturas insoportables, calculamos que arredor dos 500 grados.




O departamento de E.F colaborou coa organización de xogos populares, nos que as nenas e nenos participaron en equipos formados polo alumnado dos distintos cursos. 



Despois dos xogos procedeuse o reparto de castañas e bolos de chourizo, así como de zumes e refrescos.

 Toda a xornada estivo amenizada por música galega escollida polo equipo de dinamización lingüística.


Viva o magosto!   Viva S. Martiño!

Comentarios

  1. Borgata Hotel Casino & Spa
    The 원주 출장마사지 Borgata Hotel Casino 서산 출장안마 & Spa is one of 포천 출장안마 the largest hotels in the world and is 화성 출장마사지 open daily 24 hours. The casino is also a popular hotel in Atlantic City, 보령 출장안마

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro