RODA DO ANO CELTA

Como este ano o proxecto de centro vai sobre o mediambiente, dende o equipo de dinamización ocorréusenos a idea de traballar os festexos que os celtas facían e, ao mesmo tempo, traballar as árbores que eles consideraban sagradas. Para a cultura celta, a natureza era moi importante e, por iso, as festas están tan relacionadas con ela e tamén a coidaban tanto. Deberiamos aprender deles e comezar a coida-lo noso medio.
Aquí tendes a roda de celebracións e árbores

E, colaborando co plan proxecta solicitado este ano que se chama ITOFALADOIRO e que busca que os  nenos e nenas melloren a súa competencia linüística en galego no tocante aos nomes das especies vexetais que podemos atopar na contorna, creouse o concurso CAZAPLANTA que xa todos e todas coñecedes. Cada  mes traballaremos unhas especies e animámosvos a participar.O mes pasado foi o mes das trepadoras; este mes...

MES DO CARRIZO!! AGORA TODOS E TODAS A CAZAR PLANTAS. E, en breve, os gañadores do primeiro concurso de fotos...MOITA SORTE!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro