"Contos na lareira". Unha actividade para o Samaín.
Non hai
moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción, a xente reuníase polas noites arredor do lume
da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores
contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos
que se transmitían de uns a outros oralmente.
Neste 2019
para a celebración da festa de orixe celta do Samaín dende o equipo de
dinamización lingüística organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos
na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran
aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe
chegaron ata nos.
Coa axuda de
tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral
e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa
lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e
lendas.
Iria Piñeiro
contounos a historia: “Unha pantasma con asma”, Sheila Ferral contounos unha
historia inventada por ela para mostrar que os medos son algo que fomentamos nós,
María Martínez contounos unha historia de medo tamén inventada por ela chamada “Carmiña
Lobeira”, e finalmente Xosé Manuel contounos unha lenda popular deste tempo
chamada “A boina na silva”.
Queríamos amosar que moitos dos medos son circunstancias
que nos mesmos alimentamos coa falta da luz ou coa nosa imaxinación.
Feliz noite de
Samaín!!
Comentarios
Publicar un comentario