Festa dos 21 días en galego!



Este venres 14 de febreiro foi a festa final de “21 días en galego”. O alumnado a partir de 3º de primaria que cumpriu o reto, facendo o esforzo de falar estes 21 días en galego, e conseguindo as firmas que así o acreditan, tivo como premio unha festa na que houbo un gran concerto do grupo galego de rap Son da Rúa, que ademais contaron como teloneiros con grupos do IES a Paralaia e do IES as Barxas.


    A idea era que o alumnado galegofalante puidese desfrutar dunha mañá de convivencia e inmersión na nosa lingua ademais de desfrutar da música e a festa que montou o grupo Son da Rúa.


A rapazada desfrutou dunha mañá diferente e ademais moitas leváronse como agasallo un cd dos centos que o grupo lanzou o público.


  En resumo foi unha gran xornada festiva de inmersión na nosa lingua, xa estamos pensando como mellorar os “21 días en galego” do próximo ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Vídeos seleccionados das Letras Galegas 2020 versión en liña.