Debate: Os videoxogos na etapa primaria; o caso concreto do Fortnite.



Dentro das actividades propostas dende o equipo de dinamización da lingua galega dentro da actividade “21 días en galego” a titora de 6º curso e o seu grupo organizaron un debate seguindo o tema proposto foi: “Os videoxogos na idade escolar; o caso concreto do Fortnite”. Con este tema buscamos que fose o máis interesante posible para o alumnado, implicándonos así na actividade.



O debate organizouse de xeito que a clase de 6º curso se dividise libremente en dous grupos, un grupo preparou unha postura a favor do uso dos videoxogos e o outro defendeu a postura contraria. Este debate foi preparado polo alumnado de 6º curso coa súa titora.



Hoxe martes 11 de febreiro fixemos a posta en escena do debate na biblioteca, o alumnado de 6º curso debateu vehementemente sobre o tema proposto, moderados pola súa titora. A apertura e o peche da actividade correu a cargo do equipo de dinamización da lingua galega.
Valoramos moi positivamente esta actividade que a maiores do interese que espertou o tema proposto fixo que o alumnado traballara a exposición oral en galego que o obxectivo principal da campaña “21 días en galego”.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Vídeos seleccionados das Letras Galegas 2020 versión en liña.