Día de Rosalía de Castro
Este Venres festexamos o día de Rosalía de Castro, o día 24
de febreiro, que este ano coincidiu co luns do entroido, festexase o
aniversario do día do nacemento da autora máis importante da literatura galega.
Para conmemoralo este ano dende o Equipo de Dinamización da
lingua galega propuxemos que cada titoría elaborara un acróstico co nome de
Rosalía.
Unha vez elaborados estes acrósticos fixemos un mural
conxunto co eles co que xunto cunhas letras co nome de Rosalía decoramos a
entrada do noso cole.
Logo o alumnado asistiu o visionado dun vídeo na biblioteca sobre
quen foi a figura de Rosalía de Castro e
a súa importancia para o pobo galego e a súa literatura, e despois fixemos un
concurso por equipos respostando a preguntas sobre a vida de Rosalía e anécdotas
relacionadas coa mesma.
Foi unha actividade divertida e amena para a rapazada coa
que ademais de pasalo ben aprenderon moitas cousas sobre a vida de Rosalía de
Castro.
Comentarios
Publicar un comentario