Sexamos xornalistas investigadores!(EDLG)
Dende o EDLG
queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece a situación na que nos
atopamos e queremos que vos convertades en sisudos xornalistas.
Coa crise que
estamos vivindo están aparecendo moitos chismes a través das distintas redes
sociais, como Whatsapp, Facebook, Twitter ou Instagram.
En que consiste a
actividade?
A actividade que
vos propoñemos é que cada semana escollades o chisme ou nova falsa, a que vos
pareza máis relevante, e acompañedela dunha nova dun xornal ou similar onde se
desminta ese chisme.
Por exemplo esta
semana foi moi soado o tema de que o ibuprofeno estaba contraindicado e
apareceu en moitas cadeas de whatsapp. A actividade consistiría en facer unha captura de
pantalla dese chisme de whatsapp e acompañala, o lado ou debaixo doutra captura de pantalla ou fotografia, dunha nova onde se
desminta esa nova falsa como serían por exemplo estas:
Cada semana escolleremos un chisme e buscaremos e escolleremos unha nova onde se desminta, faremos foto ou captura de pantalla das dúas novas, a falsa e máis a que a desminte e acompañamolas dun pequeno texto onde explicamos as dúas capturas. Deste xeito cando remate esta
situación teremos un semanario cos chismes máis propagados e polo tanto os máis
nocivos para a información da poboación.
O formato pode ser por exemplo
un documento de .doc, pero se alguén prefire outros formatos tipo presentación
ou imaxes, non hai ningún problema, queda a vosa elección.
Cando regresemos ao cole xuntaremos
todos os nosos semanarios de chismes e faremos unha exposición dos mesmos.
Importante!
Lembrade que o que redactedes
debe estar na nosa lingua, a galega, os chismes case sempre van a estar en
castelán, pois estas mensaxes virais a maioría das veces non se orixinan na
nosa terra, as fontes que usedes para desmentilas por desgraza tamén será difícil
que as atopedes en galego, pois contamos con moi poucos medios de comunicación na
nosa lingua, pero o que vos redactedes por sorte si que pode estar na nosa
lingua.
Esta tarefa esta pensada para o alumando dos cursos superiores, pero se alguén de cursos máis baixos esta disposto a afrontar a tarefa, xa sexa só ou coa axuda dos seus pais, estaremos
encantados de que faga esta tarefa para desenvolver o pensamento crítico e de recollela posteriormente nesa exposición que faremos cando por fin volvamos a
normalidade.
Unha aperta para tod@s! Xa queda
menos!
Comentarios
Publicar un comentario