Regueifas pola nosa lingua


   Dentro das actividades propostas na campaña 21 días en galego estaba que os rapaces de 4º, 5º, e 6º elaboraran regueifas.
   Con esta actividade, ademais de dar a coñecer ó noso alumnado estas cantigas improvisadas de disputa normalmente entre dúas persoas, traballamos a creatividade, a improvisación e sobre todo a expresión oral en galego que é o obxectivo principal da campaña 21 días en galego.

   Agardamos que desfrutedes co resultado, recibide un agarimoso saúdo do equipo de normalización da lingua galega.


Comentarios