Grava un vídeo recitando un texto de Carvalho Calero
Dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos festexar a
próxima data do 17 de maio, día das letras galegas, aínda que a Real Academia Galega trasladase os festexos o 31 de outubro.
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/real-academia-galega-traslada-pleno-do-dia-das-letras-galegas-ao-31-outubro/20200408150552094884.html
Nós queremos festexar a data de sempre igualmente, a marxe do que poidamos facer en outubro. Para este fin propoñémosvos unha actividade que nos parece moi fermosa:

Como xa sabedes este ano a
figura homenaxeada é o gran Ricardo Carvalho Calero e cremos que unha boa forma
de homenaxealo é coñecer a súa obra.
Para animarvos a facelo propoñémosvos que
busquedes un fragmento da súa obra e que vos gravedes léndoo ou recitándoo.
Este fragmento de vídeo non debe exceder a duración máxima de 30sg.
Unha vez que o teñades gravado podedes enviárnolo a este enderezo
electrónico:
Cos vídeos que nos enviedes tentaremos facer unha fermosa montaxe.
Feliz semana das letras galegas!
Comentarios
Publicar un comentario