Recopilación de recursos didácticos sobre Carvalho Calero


Seguimos nesta semana das letras coa nosa homenaxe a Carvalho Calero.  


Nesta ocasión deixámosvos varios recursos para traballar arredor da súa figura.

-  Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña.


- Un conto, varios temas musicais e unha unidade didáctica. Elaborado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora.


Proposta do Seminario Galán. As actividades do Seminario Galán: un clásico das propostas didácticas para o Día das Letras Galegas. Un ano máis documentos para imprimir, actividades en liña, álbum de fotos...


Xogos de Fuga para o alumnado

-O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)


-Letras Galegas 2 020. Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra)

-Xogo Letras galegas 2 020: Carvalho Calero da profesora Patricia Sánchez Lamas.


O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP de Abelendo anímavos a coñecer a obra de Ricardo Carvalho Calero e a seguir lendo en galego.

Desexámosvos unha feliz semana das Letras Galegas!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CORRELINGUA 2018

Visitáronnos Luís Caruncho e Pinto D´Herbón!

Día do libro